martes, 30 de decembro de 2008

Cantigas de nadal

Segundo ano consecutivo e as nadalas soan por terras ancaresas. Antes, non fai tanto, os Ancares eran os montes tras os picos, o lonxe, a Galiza perdida en tempos esquecidos: León.

Xa hai uns anos que somos parte dos mesmos outeiros. O lume sigue ardendonos as venas, o xabaril segue a se alimentar do que queda entre as pedras, pero onde está o lobo?

Hai quen di co viu, hai quen di que aínda habita na fronteira, que fuxiu lonxe para voltar coa forza do odio. Eu nunca vin o lobo, só vin cans salvaxes que non lle teñen medo ao home, nin por contra á muller. Máis o lobo...que foi do habitante das nosas terras? qué será de nós no Nadal sen os oulidos que enchen as fragas?

venres, 14 de novembro de 2008

novidades astrofalantes

na nosa terra hai lendas, falase de lobos, de mouros, algún tesouro...
non me contaron ningunha lenda ao carón do lume cando nena, mentres vixilabamos a pota dos cochos e fabricabamos xoguetes con nabos.
Na miña casa quen contaba lendas, quen sabía os contos ficou baixo a terra moitos anos antes de eu aparecer no lume.
Pero quen non sabe as lendas da actualidade, as lendas que transporta o Navia, cheo de auga e mortos, as pedras gardan tesouros, os ósos dos mortos que afogaron nas correntes e nos pozos.
Ou das xianas que os levaron cara ao fondo.
Na espesura dos carballos e castañeiros, onde o sol desaparece, atopamos o alento do demo tras nosos pasos, oubimos os sons todos das meigas, os aquelarres empezan ao solpor, antes de que saía a lúa.
Quen non quedou inmobil ao ser penetrado coa intensidade toda do ollar do lobo?

Lenda ou realidade, a nosa terra é lume, morte, hipocresia porque non escoitamos atentos o que nos contaron un dia vixilando a pota dos cochos.

martes, 1 de abril de 2008

axudas para os veciños dos parques NON EXPROPIACIONS!

hai que intentalo.

as veces unha boa xestión vale máis que nada. o que non entendo é como despois dos problemas coa natureza que temos non sei pòrque aínda estamos empezando e non nos poñemos de acordo.

polo menos hai xente currando na boa dirección +info.

mércores, 16 de xaneiro de 2008

montes e cultura

MANCOMUNIDADES CULTURAIS
Increméntase o interese das comunidades de montes por desenvolver proxectos socioculturais

Unha comunidade de montes veciñais en man común é, a priori, unha entidade dedicada a xestión do monte e dos recursos forestais. Polo tanto, entres os seus proxectos máis comúns están os aproveitamentos madeireiros e a explotación de recursos do territorio que posúe. No entanto, nos últimos anos están a se multiplicar os casos nos que estas entidades apostan por aproveitar o patrimonio cultural que posúen ou tentan darlle ao monte usos máis vencellados ao ocio. Todo un potencial de cultura por descubrir.


Santiago. Redacción. 16 / 1 / 2008

Ler + en culturagalega

venres, 4 de xaneiro de 2008

feira en Navia

O 29 de decembro deste 2007 xa esquecido apareceron por Navia un grupo de exaltad@s carretando instrumentos, gorxas e unha recua de cancions de nadal.
Hai que decir que foron uns días que non van esquecer os naviegos. Foi un pequeno tour por Navia aproveitanda que era a feira e despois por Rao e máis Murias, onde a xente acolleu con moito agarimo a estes cantores alcumiados Os Frebudos, aínda que deberían mudar o nome e ser As Frebudas porque a representación feminina era a máis abundante.
De todos xeitos a recuperación desta tradición de cantar os reis polas aldeas foi unha moi boa idea e coido que se vai poder repetir en posteriores anos, xa que todos quedaron contentos: os receptores e máis os que cantaron.