venres, 14 de novembro de 2008

novidades astrofalantes

na nosa terra hai lendas, falase de lobos, de mouros, algún tesouro...
non me contaron ningunha lenda ao carón do lume cando nena, mentres vixilabamos a pota dos cochos e fabricabamos xoguetes con nabos.
Na miña casa quen contaba lendas, quen sabía os contos ficou baixo a terra moitos anos antes de eu aparecer no lume.
Pero quen non sabe as lendas da actualidade, as lendas que transporta o Navia, cheo de auga e mortos, as pedras gardan tesouros, os ósos dos mortos que afogaron nas correntes e nos pozos.
Ou das xianas que os levaron cara ao fondo.
Na espesura dos carballos e castañeiros, onde o sol desaparece, atopamos o alento do demo tras nosos pasos, oubimos os sons todos das meigas, os aquelarres empezan ao solpor, antes de que saía a lúa.
Quen non quedou inmobil ao ser penetrado coa intensidade toda do ollar do lobo?

Lenda ou realidade, a nosa terra é lume, morte, hipocresia porque non escoitamos atentos o que nos contaron un dia vixilando a pota dos cochos.