mércores, 26 de decembro de 2007

cancions de nadal

chegou o tempo de recollernos ao carón do lume.
momentos de botar navos na pota dos cochos e afumar chourizos.

o frío pode con nós?
non nestas terras ancaresas,
montes que frío s axeados son capaces de facernos quentar.

personaxes todos collede unha poda un acordeón, unha gaita, pandeireta ou calquer instrumento improvisado que chegas as gorxas desexantes de cantar!

cancions de nadal, cancions de rir e nunca de chorar, se alguen sabe algunha máis ca deixe aquí.

bicos

martes, 18 de decembro de 2007

a volta a aldea: nadal

Chega o nadal e como reza o anuncio de turrons "vuelve a casa vuelve...". E así pasa nas aldeas deste noso pequeno universo Ancarés.

O frío non vai paralizar os relinchantes autos dos emigrados, exiliados e tunantes que invadiran as nosas aldeas, alomenos no día de Nadal.

A pesares das campañas publicitarias, onde aparecen casiñas fumeantes no medio da nada e un carro dos modernos dos que baixa o fillo que só volta polo nadal dende algunha grande urbe, a realidade é que nestas épocas a afluencia de xente ao paisaxe xeado é menor que nos vraus.

Ademáis está o tema das festas de fin de ano para a xente que mora todo o ano na aldea...tema de actualidade nalguns foros como por exemplo no de navia de suarna.

Esta situación, plantexa grandes interrogantes: ¿perdida do espiruto navideño? ou simplemente falta de infraestructuras e alternativas para os de fora e os de dentro dos micro-universos rurais galegos?

mércores, 14 de marzo de 2007

Ancares, reserva da bio, bufffff

Cunha fauna e flora en perigo

Os Ancares forman unha barreira natural montañosa entre Lugo e as comunidades de León e Asturias e constan de numerosas canles fluviais que deseñaron a súa paisaxe ó longo do tempo. Os grupos ecoloxistas galegos conseguiron que 60.000 hectáreas desta caída da cordilleira Cantábrica repartida entre León e Galicia fora declarada parque natural. Neste momento a protección limítase a unha Reserva Nacional de Caza, coa que non se puido impedir que os osos desaparecesen. Os aldeáns sobreviven do gando, polo que abundan os pastizais, á beira de matogueiras con brezais, xestas, arándanos, carqueixas e piornos. Predominan os bosques de carballos, que se mesturan cos castiñeiros, texos, fresnos, bidueiros, abrairas e acivros. O número de cervos que había na reserva descendeu de forma notoria. En cambio, obsérvase unha alta densidade de corzos e un número estable de lobos e de raposos. Abundan outros mamíferos como xinetas, nutrias, xabaríns e os últimos exemplares galegos de martas (dinicelas).



onde atopar máis: galizahoxe

Xestión de parques na Galiza, arde-lle o eixe!


Sólo dos de los seis existentes en Galicia contarán en 2007 con un plan que establezca qué actividades están permitidas en el área protegida ·· Deben tenerlo dos años después de su creación ·· El documento es clave para conjugar la conservación con el progreso económico de la zona.



Ollado no correo galego