martes, 18 de decembro de 2007

a volta a aldea: nadal

Chega o nadal e como reza o anuncio de turrons "vuelve a casa vuelve...". E así pasa nas aldeas deste noso pequeno universo Ancarés.

O frío non vai paralizar os relinchantes autos dos emigrados, exiliados e tunantes que invadiran as nosas aldeas, alomenos no día de Nadal.

A pesares das campañas publicitarias, onde aparecen casiñas fumeantes no medio da nada e un carro dos modernos dos que baixa o fillo que só volta polo nadal dende algunha grande urbe, a realidade é que nestas épocas a afluencia de xente ao paisaxe xeado é menor que nos vraus.

Ademáis está o tema das festas de fin de ano para a xente que mora todo o ano na aldea...tema de actualidade nalguns foros como por exemplo no de navia de suarna.

Esta situación, plantexa grandes interrogantes: ¿perdida do espiruto navideño? ou simplemente falta de infraestructuras e alternativas para os de fora e os de dentro dos micro-universos rurais galegos?

Ningún comentario: