mércores, 14 de marzo de 2007

Ancares, reserva da bio, bufffff

Cunha fauna e flora en perigo

Os Ancares forman unha barreira natural montañosa entre Lugo e as comunidades de León e Asturias e constan de numerosas canles fluviais que deseñaron a súa paisaxe ó longo do tempo. Os grupos ecoloxistas galegos conseguiron que 60.000 hectáreas desta caída da cordilleira Cantábrica repartida entre León e Galicia fora declarada parque natural. Neste momento a protección limítase a unha Reserva Nacional de Caza, coa que non se puido impedir que os osos desaparecesen. Os aldeáns sobreviven do gando, polo que abundan os pastizais, á beira de matogueiras con brezais, xestas, arándanos, carqueixas e piornos. Predominan os bosques de carballos, que se mesturan cos castiñeiros, texos, fresnos, bidueiros, abrairas e acivros. O número de cervos que había na reserva descendeu de forma notoria. En cambio, obsérvase unha alta densidade de corzos e un número estable de lobos e de raposos. Abundan outros mamíferos como xinetas, nutrias, xabaríns e os últimos exemplares galegos de martas (dinicelas).



onde atopar máis: galizahoxe

Ningún comentario: