luns, 26 de abril de 2021

Carpanza


 Hai un momento na vida no que a vista non pode comprender o que acontece.

Esto sucédenos ás montanhesas cando a primaveira cubre os cumios dos nosos montes dun sin fin de violetas, lilas, maxentas.

Si, correcto, tamén branco amarelo e verde e uns tons dun azulón que semella irreal, pero está ese violeta intenso que - no meu caso - sempre me deixóu hipnotizada.

Non falo duns feixes, non. En tempos falarían de tegos, tal vez. Hoxe falamos de kilómetros dunha densa alfombra na que che dan ganas de botarse á pinchacarneiras, 

domingo, 18 de abril de 2021

Monte baixo

Ir co gando foi por sempre unha das minhas actividades favoritas.

Fose vrau ou inverno, outono ou primaveira. En cada estación un pequeno ritual que mudaba en pouco do anterior. Erguerse máis ou menos cedo, preparar unha ou outra merenda (normalmente un bon cantazo de pan e courizo, toucín ou xamón...según pillases).

Auga? nunca levamos botellas nin vasos porque sabíamos dos regatos e das fontes, e tinhamos tempo.

Sobretodo iso, o Tempo.


 Mudamos as estacións polos reloxos e o tempo escórresenos das mans cada vez con máis celeridade, agora xa na era dixital só nos falta levar as vacas co dron a pacer, que seguro é unha cousa boa para as familias que xa só son un ou dous, pero deixamonos roubar a vida.

Gustábame cando o meu traballo era rixido polo clima, polas necesidades do grupo, gustábame ser allea ao Tempo Moderno.

Gustábame ser Libre.

A chegada a aldea.


 A chegada a aldea.

Esta imaxe, de data imprecisa, ilustra a chegada dos emigrados a aldea.
Daquelas aínda alguén tiraba a foto nun carrete que ata voltar a Barcelona non revelaba as lembranzas gardadas nesa sorte de caixa de Pandora.
Na imaxe os ollos delatan as máis de 12horas de coche, as ansias de mudar de roupa e ir ás veigas de Fontela ver as vacas, o río Navia, as costas dándome a benvida, e de frente un curmán que tal vez por vez primeira me tira unha foto con aquel trebello.
Pasou o tempo e mudáronos a paisaxe.
Os trebellos xa fabrican lembranzas inmediatas e os curmáns xa emigraron.
Pero a foto é a mesma, as tres horas e pico que tardo agora dende Pontevedra fan, no meu maxín e na minha face, o mesmo efecto q se conducise dende Barcelona.
O sentimento de seguir na emigración por estar lonxe das minhas montanhas é idéntico e a fervenza de emocións ao chegar indica que hai outra droga no noso cerebro q é máis forte que a oxitocina, a dopamina, a edorfina ou calquer outra, é a Aldea.