domingo, 18 de abril de 2021

A chegada a aldea.


 A chegada a aldea.

Esta imaxe, de data imprecisa, ilustra a chegada dos emigrados a aldea.
Daquelas aínda alguén tiraba a foto nun carrete que ata voltar a Barcelona non revelaba as lembranzas gardadas nesa sorte de caixa de Pandora.
Na imaxe os ollos delatan as máis de 12horas de coche, as ansias de mudar de roupa e ir ás veigas de Fontela ver as vacas, o río Navia, as costas dándome a benvida, e de frente un curmán que tal vez por vez primeira me tira unha foto con aquel trebello.
Pasou o tempo e mudáronos a paisaxe.
Os trebellos xa fabrican lembranzas inmediatas e os curmáns xa emigraron.
Pero a foto é a mesma, as tres horas e pico que tardo agora dende Pontevedra fan, no meu maxín e na minha face, o mesmo efecto q se conducise dende Barcelona.
O sentimento de seguir na emigración por estar lonxe das minhas montanhas é idéntico e a fervenza de emocións ao chegar indica que hai outra droga no noso cerebro q é máis forte que a oxitocina, a dopamina, a edorfina ou calquer outra, é a Aldea. 

Ningún comentario: